Son moitas e múltiples as actividades culturais e folclóricas que se realizan neste centro, onde teñen un grupo de baile e unha escola de gaitas. O Ballet Folclórico Gallego da Casa de Galicia de Montevideo ten tantos anos como a propia institución fundada en 1917, pero o nome de “Obradoiro” tomouno hai poucos anos, e fundamentalmente por ser nesta praza compostelana onde o grupo viu Galicia por primeira vez, no Xacobeo do 93, con motivo da celebración do I Día da Galicia Exterior.

Actuou en numerosísimas ocasións no Uruguai, Arxentina e Brasil e conseguiu moitas distincións nacionais e internacionais.

Os integrantes do grupo Obradoiro son descendentes de galegos, e o seu desexo é bailar e difundir os costumes de Galicia por aquelas terras uruguayas.TANGUERIA-FOTO GENTILEZA: Sr. Daniel Machado

No ano 2004, coincidindo co Xacobeo, participou no Festival Internacional de Folclore Galego, celebrado o 13 de agosto dentro dos actos do IV Día da Galicia Exterior, así como no Foro da Xuventude que tivera lugar a víspera no Monte do Gozo.

Esta entidade edita publicacións tan interesantes como a “revista social Ecos da Terra” que recolle todo o acontecer social, cultural, sanitario, desenvolvemento institucional, as datas máis relevantes de Galicia, etc. ou “Tierra Gallega”, coa que se pretende dar unha maior promoción e difusión das ideas e proxectos da institución entre a colectividade.

A súa magnífica biblioteca “Alfonso R. Castelao” dispón duns 8.000 volumes entre os que destaca “La enciclopedia Universal Ilustrada. A biblioteca Técnico-Médica Dr. Manuel Albo, instalada no Sanatorio Social, leva o nome de quen fora o primeiro director nos inicios da Casa de Galicia. Pola calidade e actualidade, tanto das obras monográficas como das publicacións periódicas, é unha das mellores do Uruguai.

Entre as actividades recreativas destaca a participación nos festexos do Día del Emigrante, festa que engloba a todas as colectividades que residen no Uruguai e que é organizada polo Ministerio de Educación e Cultura do País.

Destacar tamén a axuda que prestan ao Hogar Español de Ancianos. A institución brinda un médico de medicina xeral, que os atende 3 veces por semana, e un médico psiquiatra, ámbolos dous libres de custos para o Hogar Español.

No ano 2004 subscribiron un Convenio coa Consellería de Emigración, vixente ata decembro de 2005, polo que se crea unha Oficina de Atención de Programas Sociais e Asistenciais, con aportación financieira para a súa posta en marcha e o seu funcionamento posterior. Esta oficina ten como finalidade principal a difusión, asesoramento e apoio na xestión das accións e programas que a Xunta prevé para os emigrantes galegos asentados en Uruguai.

Neste marco salientar que nese 2004 precisamente ao ser un dos Centros Coordinadores dos programas presentáronse a través dela: 925 solicitudes de Axudas Asistenciais Individuais, das que se concederon 552; 29 solicitudes de Reencontros “acción directa” do que se beneficiaron 15 persoas, e 29 solicitudes de Reencontros “en familia” sendo 25 as persoas beneficiadas.

Trofeos do centro