Respondendo á súa denominación e á inspiración dos seus fundadores, é unha sociedade eminentemente galega que ten como finalidades primordiais as seguintes:

  • Fomentar a unión entre os galegos e os seus descendentes.
  • Proporcionar aos seus asociados beneficencia, festas, traballo e asistencia médica, tanto dentro do departamento de Montevideo como nas súas dependencias sociais e no interior do país.
  • Honrar a Galicia e fomentar o seu coñecemento no país.
  • Apoiar e difundir a cultura galega.
  • Procurar o maior benestar da colectividade e defendela cando sexa necesario.
  • Apoiar de forma eficaz toda acción de progreso que se emprenda a favor de Galicia.
  • Manter relacións coas entidades establecidas en Galicia ou fora dela.